DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.780

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 144/2010, do 9 de setembro, polo que se dispón que cese Ethel María Vázquez Mourelle como presidenta do Consello de Administración da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 7.1º do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de setembro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Ethel María Vázquez Mourelle como presidenta do Consello de Administración da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO

E INFRAESTRUTURAS