DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.780

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 142/2010, do 9 de setembro, polo que se dispón que cese Isabel Vila Barbosa como directora xeral de Infraestruturas.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de setembro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Isabel Vila Barbosa como directora xeral de Infraestruturas, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas