DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto e con multiplicidade de criterios de adxudicación, para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para o persoal desta deputación.

No perfil do contratante da Deputación de Ourense na páxina web www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para o persoal da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 38 € mensuais, IVE incluído, por cada asegurado na modalidade de asistencia sanitaria integral e de 24 € mensuais, IVE incluído, por cada asegurado na modalidade de asistencia sanitaria ambulatoria. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e

fax: 988 38 51 84.

Ourense, 31 de agosto de 2010.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense