DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de apertura de información pública.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de licenza urbanística tramitado por instancia de Patricia Gallego Delgado, para a construción de nave pecuaria para cebadeiro de porcino no lugar de Vilarello da Cota (polígono 113, parcela 555) de Vilardevós, de modo que durante un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG, se poderán presentar alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente en horario de oficina.

Vilardevós, 2 de setembro de 2010.

José Luis Pérez García

Alcalde