DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Grucave, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para exposición e venda de vehículos sen taller, que se situará na estrada Madrid N-120, nº 227 A, nave 2 (expediente 34363/422).

De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que se considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 12 de agosto de 2010.

José Manuel Mariño Mendoza

Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda