DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución da Xunta de Goberno Local, do 15 de xullo de 2010, para a contratación da subministación e implantación de novos módulos de arquitectura dentro da plataforma de administración electrónica E-Ourense do Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 107/10.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración e implantación de novos módulos de arquitectura dentro da plataforma de administración electrónica E-Ourense do Concello de Ourense.

b) Lugar: Ourense.

c) Prazo de execución: 32 semanas, desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo de licitación é de 118.276,60 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non deben constituír fianza provisional.

b) Garantía definitiva: o adxudicatario verase obrigado a constituír unha fianza definitiva do 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Contratación.

b) Domicilio: rúa Doutor Marañón, 21.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Teléfono: 988 39 30 41.

e) Telefax: 988 24 84 84.

7. Recollida de documentación.

a) Páxina web: www.ourense.es. Perfil do contratante.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata a fin do prazo de presentación das propostas.

8. Requisitos específicos dos licitadores.

Os establecidos no artigo 12 do prego de cláusulas económico-administrativas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no artigo 5 do prego de cláusulas económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, na praza Maior, nº 1, Ourense 32005, das 9.00 ás 13.00 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense, salón de sesións.

b) Domicilo: Praza Maior, nº 1.

c) Localidade: Ourense 32005.

d) Data: o día que se sinale no perfil do contrante do Concello de Ourense.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 21 de xullo de 2010.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde