DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de procedemento aberto (referencia As-41/2010).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-41/2010.

2. Obxecto do contrato: mantemento e explotación das instalacións do forno crematorio do cemiterio municipal de Santa Cecilia de Feáns. Duración: catro anos prorrogables por outros dous.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: 116.584,47 euros anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: O-1-b.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 23 de setembro de 2010. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil de contratante e/ou taboleiro de anuncios de Contratación.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de agosto de 2010.

P.D.

José Federico Nogueira Fernández

Tenente alcalde delegado de Contratación