DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO de información pública de estudo de detalle de aliñacións e rasantes en Curbeiro-Caamouco.

Segundo o acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno do Concello de Ares do 20 de agosto de 2010, polo que se aproba inicialmente o estudo de detalle (de aliñacións e rasantes en Curbeiro-Caamouco), de iniciativa privada, presentado por Manuel Couceiro Martínez, sométese a información pública polo prazo de 20 días, para os efectos oportunos.

Ares, 30 de agosto de 2010.

Julio Ignacio Iglesias Redondo

Alcalde