DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de modificacións puntuais das normas subsidiarias municipais de planeamento de Ares, por acordo do Pleno do 26 de maio de 2010, de conformidade cos artigos 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio neste Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para áreas dos ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos, ben que se extinguirá coa aprobación definitiva do planeamento.

Ares, 30 de agosto de 2010.

Julio Ignacio Iglesias Redondo

Alcalde