DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de seis ecógrafos para as unidades hospitalarias (Montecelo e Provincial) dependentes deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria AB-CHP1-10-025.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2 (Hospital Provincial).

3) Localidade e código postal: Pontevedra. 36001.

4) Teléfono: 986 80 71 03.

5) Telefax: 986 80 70 52.

6) Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-10-025.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de seis ecógrafos, dous para o Servizo de Radiodiagnóstico, tres para o Servizo de Xinecoloxía-Obstetricia e un para o Servizo de Uroloxía.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, dous.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial e Hospital Montecelo.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2, e r/ Mourente, s/n, Montecelo.

2) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001 e 36071.

e) Prazo de execución/entrega: á sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV(referencia de nomenclatura): 33190000-8.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 218.518,52 euros. IVE (8%): 17.481,48 euros. Importe total: 236.000 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non se exixe. Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 11 de outubro de 2010.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra (Hospital Provincial).

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

d) Admisión de variantes, se procede: si, dúas.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

b) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

c) Data e hora: a data e hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 euros/liña (se é urxente 10,82 euros/liña). BOE: 21,12 euros/liña (se é urxente 42,25 euros/liña). DOUE: publicidade sen cargo.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de agosto de 2010.

Pontevedra, 6 de agosto de 2010.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra