DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 25 de agosto de 2010, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 27.021/10.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.

O acto foi adoptado polo delegado provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 25 de agosto de 2010.

Beatriz Penas Enríquez

Xefa do Servizo Provincial do Instituto Galego

de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.021/10.

Interesada: Novalinea Universa Group, S.L.

NIF: B-70176375.

Acto notificado: resolución do 21 de xullo de 2010.