DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2010 pola que se anuncia a contratación da adquisición de novos sistemas de almacenamento, polo procedemento aberto e con pluralidade de criterios, cofinanciado con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 010/23.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición, polo CIXTEC, de novos sistemas de almacenamento, cofinanciado con cargo ao Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

b) Número de unidades que se van entregar: o indicado no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: o equipo será entregado nos centros principal e remoto da Consellería de Facenda, ambos situados en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 30 días, como máximo, contados desde a data de sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo de licitación:

Importe (sen IVE): 660.000 euros.

Importe IVE (18%): 118.800 euros.

Importe total: 778.800 euros.

5. Garantía provisional: 3% do orzamento da contratación: 19.800 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 30 de setembro de 2010.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

-Data: día 8 de outubro de 2010.

-Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

-Data: día 14 de outubro de 2010.

-Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG e 24,366142 euros máis IVE, por liña escrita no BOE.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: día 10 de agosto de 2010.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2010.

M. Mauro Fernández Dabouza

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable