DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 11 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, polo que se notifica a resolución do expediente ICA-LU-0031/2008-PP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícaselle á empresa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ICA-LU-0031/2008-PP.

A empresa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, situadas na rúa do Camiño Francés nº 10, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da empresa interesada, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia poderá a empresa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3º da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2010.

Alejandra Álvarez de Mon Rego

Directora xeral de Innovación e Industrias

Agrarias e Forestais

ANEXO

Expediente: ICA-LU-0031/2008-PP.

Interesada: ASGALPAN 2000, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: estrada de Chantada km 2, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE