DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 18 de agosto de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento do reintegro de axuda ao programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción dos mozos e mozas menores de 30 anos, reguladas na Orde do 25 de marzo de 2006, relativa ao expediente TR347D 2006/19-2.

O 8 de xullo de 2010, o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo ditou a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento do reintegro de axuda concedida a Sandañol y Safej, S.L. con número de expediente TR347D 2006/19-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 18 de agosto de 2010.

Antonio Dacal López

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2006/19-2.

Nome: Sandañol y Safej, S.L.

DNI/NIF: B-84001809.

Último enderezo coñecido: avda. Infanta Elena-Centro Comercial As Termas-local-5, 27003, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: punto 1 da base novena do anexo D da Orde do 25 de marzo de 2006, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción dos mozos e mozas menores de 30 anos.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro de axuda.