DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da obra de acondicionamento parcial do edificio para centro de apoio ao empregador en Vigo, na rúa Don Bosco, número 1 en Vigo, Pontevedra. Expediente 2010.34.FC.A.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio advo. San Lázaro s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: obra de acondicionamento parcial do edificio para centro de apoio ao empregador en Vigo, na rúa don Bosco, número 1 en Vigo, Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

5. Orzamento base de licitación: 385.560 €. 69.400,80 € (IVE 18%). Total: 454.960,80 €.

6. Garantías exixidas: provisional: 9.000 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 4 e categoría A.

Grupo C, subgrupo 6 e categoría B.

b) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o vixésimo sexto día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas sitas nos edificios advos. San Lázaro ou San Caetano -Consellería de Traballo e Benestar-, en Santiago de Compostela (15781). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de Xuntas da Consellería, situada no edifico administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, o oitavo día natural contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentacións de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2010.

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería de Traballo

e Benestar