DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ANUNCIO do 18 de agosto de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica á Reboreda, S.L., a Resolución do 27 de xullo de 2010, segundo o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2010/7.

Intentada a práctica de varias notificacións con Reboreda, S.L., a través do servizo de correos, non foi posible realizalas. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Así mesmo, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica: Reboreda, S.L.

CIF: B36630382.

Último enderezo coñecido: Polígono Industrial O Campiño, nave A-16 Marcón, 36158 Pontevedra.

Data de resolución: 27 de xullo de 2010.

Asunto: expediente CEI-SX-2010/7. Resolución pola que se acorda o reintegro da subvención concedida na anualidade 2006 para accións dos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. Expediente de subvención 06RMA009E.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2010.

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Indutria