DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Silleda. (Expediente IN407A 10/175-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concelllo de Silleda.

Domicilio social: Trasdeza, nº 55, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T.S. ao C.T. EDAR de Bandeira.

Situación: Silleda.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 585 metros de lonxitude, con orixe nun apoio existente da L.M.T. derivación Vilariño, no cal se realizará un paso aerosubterráneo, e final no C.T. da EDAR de Bandeira, Silleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5º, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de agosto de 2010.

P.A. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)

Eugenio Fernández Piñeiro

Xefe do Servizo de Administración Industrial