DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Foz. (Expediente IN407A 09/104-2, 7609 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: instalación de subministración eléctrica en A.T. a Centro de Interpretación da Mariña Lucense.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. proxectado entre o C.T. Ardey II e o C.T. Rifer II, cunha lonxitude de 360 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

-C.T. compacto de exterior tipo mininblock (Ormazábal), cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

-R.B.T.S. baixo tubo con orixe no cadro de baixa tensión do C.T. proxectado e final na B.T.V. do edifidio do Centro de Interpretación da Mariña Lucense, cunha lonxitude total de 75 metros en condutor tipo R.V.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de agosto de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo