DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño/As Neves. (Expediente IN407A 10/76-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S. SAL 803-804 C.D. Áridos JGL.

Situación: concello de Salvaterra de Miño/As Neves.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA de 1,438 km de lonxitude, con orixe no apoio situado no p.k. 4+203 da estrada PO-400 Salvaterra-Figueira, e final no apoio situado no p.k. 4+911 da estrada PO-400 Salvaterra-Figueira. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 3,551 km de lonxitude, con orixe, as liñas SAL 803 e SAL 804 na subestación de Salvaterra, e final, respectivamente, no apoio situado como final de liña do tramo SAL 8032718 e no apoio proxectado C 7000-16. Centro de distribución prefabricado, localizado no terreo do solicitante.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 22 de xullo de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra