DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Lugo. (Expediente IN407A 09/121-2, 7617 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Domicilio social: r/ Curros Enríquez, 4, 2º, 32003 Ourense.

Denominación: centros de trasformación de 20 kV/400 V e bucle de subministración de media tensión para EDAR en Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: L.M.T. interior en bucle aloxada en bandexa a 20 kV, consistente en alimentar os C.T. proxectados, en condutor tipo R.H.Z.-240.

C.T. pretratamento non prefabricado, cunha potencia de 2×1.600 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230 V, no cal se instalan dúas celas de protección e tres celas de liña.

C.T. biolóxico non prefabricado, cunha potencia de 2×2.000 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230 V, no cal se instalan dúas celas de protección e dúas celas de liña.

C.T. fangos non prefabricado, cunha potencia de 2×1.600 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230 V, no cal se instalan tres celas de protección e dúas celas de liña.

L.M.T. a C.T. bombeo (obxecto doutro proxecto), con orixe nunha cela de protección do C.T. fangos e final nunha arqueta situada diante do futuro C.T. bombeo, cunha lonxitude de 80 metros en condutor tipo R.H.Z.-1-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 19 de abril de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo