DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 20 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Carral. (Expediente IN407A 10/168).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación L.M.T.S. e C.T.C. Carral-Colexio.

Situación: concello de Carral.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV de 288 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe no C.T. Rosalía de Castro 28 e final na L.M.T.S. a C.T. Rosalía de Castro 12, pasando polo C.T. que se reformará tipo caseta denominado Carral-Colexio (expediente 27395) e aumento de potencia deste trafo a 630 kVA. Concello de Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xullo de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña