En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no SUI-01 Pena Porreira do concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:
http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental