DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2010 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio da obra de clave PO/10/074.03. (E/035/2010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Infraestruturas. Subdirección Xeral de Planificación e Programación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ensanche e mellora de pavimento da estrada Pereiras-Tameiga, desde o p.k. 0+700 ao p.k. 3+840 e humanización en Pereiras, Pedraúcha e Santo Eleuterio, convenio Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Concello de Mos 2-6-2010.

Clave do expediente: PO/10/074.03.

Orzamento base de licitación: 955.911,74 euros (IVE excluído). IVE: 172.064,11 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4 e categoría e.

Grupo E, subgrupo 1 e categoría c.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto multicriterio.

4. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Exixirase unha garantía definitiva equivalente ao (5%) do orzamento de licitación, IVE non incluído. Véxase punto I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Infraestruturas. Subdirección Xeral de Planificación e Programación.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Fax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos de cláusulas administrativas particulares, cadros de características, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/

E en Copy Nino (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características, proxecto), rúa dos Feáns nº 19 e Rosalía de Castro nº 58. 15706 Santiago de Compostela-A Coruña, teléfono e fax 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo J.2 a) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A aquelas empresas non españolas de países integrados na Unión Europea que non estean clasificadas exixiráselles a documentación que sinalan os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 48 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e normativa de desenvolvemento.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, segundo o que se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): dous (2) meses consonte o artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: véxase o parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura dos sobres B e C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2010.

P.D. (Orde 9-7-2009; DOG nº 138, do 16 de xullo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas