DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4186/2010, interposto contra a Orde do 9 de febreiro de 2010 sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Touro (A Coruña).

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4186/2010, interposto pola Asociación Sociocultural e Medioambiental Aldea Viva, contra a Orde do 9 de febreiro de 2010 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Touro (A Coruña); esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2010.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas