DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (430/2008).

Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 430/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Sara Rodríguez Vázquez contra a empresa Starb Actividades Empresariales Padrón, S.L. e INSS, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Estímase a demanda formulada por Carmen Sara Rodríguez Vázquez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e Starb Actividades Empresariales Padrón, S.L., con intervenciaón do Fogasa e, en consecuencia:

-Condénase a empresa Starb Actividades Empresariales Padrón, S.L. a lle aboar á demandante Carmen Sara Rodríguez Vázquez a cantidade de 2.057,64 euros, en concepto de prestacións e diferenzas por prestacións por incapacidade temporal. Destas cantidades responderá subsidiariamente o INSS respecto das diferenzas por prestacións entre o día cuarto e o décimo quinto da baixa e, por automaticidade, do aboamento das restantes cantidades (1.989,04 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Starb Actividades Empresariales Padrón, S.L., que se encontra de baixa, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.

Marina Pilar García de Evan

Secretaria xudicial