DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.749

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2010 pola que se nomea profesor contratado doutor de universidade a José Ramón Fernández García (CD1006).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso convocado por resolución desta universidade do 16 de abril de 2010 (DOG do 5 de maio), e presentada polo concursante proposto a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificado pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu nomear a José Ramón Fernández García, con DNI 76911593-F, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo, da área de coñecemento de matemática aplicada, adscrita ao Departamento de Matemática Aplicada I desta universidade.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de agosto de 2010.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA