DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.748

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de agosto de 2010 pola que se nomean funcionarias e funcionarios en prácticas as/os opositoras/es que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de febreiro de 2010, para acceso ao corpo de inspectores de educación, e se lles asigna sector para a realización daquelas.

Por Orde do 15 de febreiro de 2010 convócase concurso-oposición para o acceso ao corpo de inspectores de educación. Así mesmo, por Orde do 3 de agosto de 2010 faise pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola citada Orde do 15 de febreiro de 2010.

O punto 1 da base común 12 da Orde do 15 de febreiro de 2010 establece que as prácticas terán por obxecto garantir que o persoal aspirante que superou a fase de concurso-oposición posúa a adecuada preparación para levar a cabo as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de educación, e que aquelas se realizarán nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño da función inspectora con plena validez.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarias e funcionarios en prácticas do corpo de inspectores de educación as/os opositoras/es que se relacionan no anexo da Orde do 3 de agosto de 2010.

Segundo.-As prácticas realizaranse no sector que se especifica no anexo a esta orde.

Terceiro.-O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos do 1 de setembro de 2010.

Cuarto.-O persoal funcionario en prácticas deberá formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, modificado polo Real decreto 213/2004, do 21 de febreiro.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "17400D017P041.PDF"