DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.748

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 1 de setembro de 2010 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de xullo de 2010.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, pola Orde do 7 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 132, do 13 de xullo), de conformidade co disposto no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 132, do 13 de xullo).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican e seleccionar o persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o persoal preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro en que cause baixa o persoal, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Pérez Montero, Luisa Fernanda.

NRP: 0974079368 A2067.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.003.15001.001.

Centro directivo: departamento territorial.

Localidade: A Coruña.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.213,24 €.

Apelidos e nome: Rodríguez Fernández, José Luis.

NRP: 4148823224 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servizo de Calidade e Avalición Ambiental.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.003.36001.001.

Centro directivo: departamento territorial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.213,24 €.