DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.743

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 2 de setembro de 2010 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 4 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A Orde do 4 de maio de 2010 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, establece na súa disposición adicional cuarta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia dos remanentes de crédito de exercicios anteriores, correspondentes ao Programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2010 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio), como consecuencia dos remanentes de crédito do exercicio anterior, correspondente ao Programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007.

Artigo 2º

O incremento da dotación será nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010:

12.04.322C.472.1, código de proxecto 2010 00 769 polo importe de 39.991,15 euros.

12.04.322C.472.3, código de proxecto 2010 00 771 polo importe de 32.296,81 euros.

12.04.322C.472.4, código de proxecto 2010 00 781 polo importe de 12.103,38 euros.

Artigo 3º

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar