DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de setembro de 2010 pola que se conceden subvencións a entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Resolución do 16 de abril de 2010.

A Resolución do 16 de abril de 2010 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (DOG nº 75, do 22 de abril), establece no seu artigo 14 que a resolución definitiva desta convocatoria se publicará no DOG, e prevé un orzamento para atender as solicitudes que se axusten aos parámetros establecidos de 602.668 euros, con cargo á partida orzamentaria 09.03.151A.460.0.

Vista a proposta de resolución formulada polo secretario xeral de Política Lingüística, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen debaixo da epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Resolución do 16 de abril de 2010.

Artigo 2º

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 3º

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento do disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados e os artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "17400D009P033.PDF"