DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 09 de setembro de 2010 Páx. 15.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 23 de abril de 2010 pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 80, do 29 de abril de 2010).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 19 da Resolución do 23 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución do 23 de abril de 2010.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto apoiar e consolidar as actuacións que se están a levar a cabo nas administracións locais en materia de igualdade e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero recollidas no artigo 3 da resolución de convocatoria, que establece como actuacións subvencionables:

Liña 1: Promoción da igualdade.

a) Elaboración do plan para a igualdade entre mulleres e homes que deberá conter unha área de actuación específica relativa a medidas de prevención e eliminación da violencia de xénero.

b) Avaliación dos resultados do último plan para a igualdade entre mulleres e homes.

c) Accións de capacitación do persoal político e técnico respecto dos fundamentos teóricos e as ferramentas prácticas para a integración da perspectiva de xénero nas políticas locais.

d) Actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación, tanto no ámbito educativo, en colaboración cos centros educativos do municipio ou das ANPAS, como no ámbito da familia ou na sociedade.

Liña 2: Prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

a) Consolidación e establecemento de estruturas de coordinación e cooperación entre os distintos ámbitos políticos e profesionais de cara á eficaz prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero e protección das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes.

b) Prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade.

c) Intervención de carácter integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero, coas súas fillas e fillos, así como coas persoas delas dependentes, procurando a recuperación da súa identidade e autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais.

d) Actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual en xeral e a prostitución en particular. Propostas de acción e coordinación entre todos os axentes sociais.

Norma reguladora: Resolución do 23 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 299.216 € (douscentos noventa e nove mil douscentos dezaseis euros) recollidos nas aplicacións orzamentarias: 04.40.313B.460.0 (149.608 €) e 04.40.313D.460.1 (149.608 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Entidades locais beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2010.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "17400D004P020.PDF"

Ver referencia pdf "17400D005P021.PDF"