DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 07 de setembro de 2010 Páx. 15.514

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 155, do 13 de agosto, cómpre facer a seguinte corrección:

1. No artigo 23, onde di: «Será de aplicación aos expedientes administrativos derivados deste decreto o réxime expropiatorio establecido nos artigos 43 e 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental».

Debe dicir: «Será de aplicación aos expedientes administrativos derivados deste decreto o réxime expropiatorio establecido nos artigos 44 e 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental».