DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 06 de setembro de 2010 Páx. 15.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2010 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 12 de marzo de 2010 (publicado no BOE do 29 de abril por resolución do secretario de Estado de Universidades do 7 de abril de 2010) e, así mesmo, recibida a autorización para a súa implantación por parte da Comunidade Autónoma de Galicia e de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

Esta reitoría resolve o seguinte:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

O plan de estudos a que se refire esta resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "17100D004P020.PDF"