Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 12 de marzo de 2010 (publicado no BOE do 29 de abril por resolución do secretario de Estado de Universidades do 7 de abril de 2010) e, así mesmo, recibida a autorización para a súa implantación por parte da Comunidade Autónoma de Galicia; e de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,
Esta reitoría resolve o seguinte:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática.
O plan de estudos a que se refire esta resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.
Senén Barro Ameneiro
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Ver referencia pdf "17000D005P008.PDF"