DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 03 de setembro de 2010 Páx. 15.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de agosto de 2010 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Conservatorio de Música da Guarda (Pontevedra).

O Decreto 131/2010, do 22 de xullo, publicado no DOG número 147, do 3 de agosto, crea o Conservatorio de Música da Guarda, para impartir a ensinanza de réxime especial de música do grao elemental.

En consecuencia, de conformidade co artigo 1 do Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.- Autorizar a posta en funcionamento do conservatorio cuxos datos se sinalan a seguir:

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Guarda.

Localidade: A Guarda.

Domicilio: Travesal dos Bechos, s/n.

Denominación: Conservatorio de Música da Guarda.

Código de centro: 36024288.

Titular: Concello da Guarda.

Ensinanzas que se autorizan: grao elemental de música, 120 postos escolares.

Segundo.-Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito conservatorio, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Este conservatorio queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria