DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 03 de setembro de 2010 Páx. 15.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de agosto de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Povisa Formación Profesional, do concello de Vigo (Pontevedra).

O centro privado Povisa Formación Profesional, do concello de Vigo, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en quenda de tarde-noite e a supresión do ciclo formativo de grao superior de Integración Social.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Suprimir o ciclo formativo de grao superior de Integración Social.

Segundo.-Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en quenda de tarde-noite, no centro privado que se detalla a continuación:

Denominación: centro privado Povisa Formación Profesional.

Código do centro: 36019931.

Domicilio: r/ Romil, 75-77.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa).

Composición resultante:

Ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as en quenda de mañá e 1 unidade para 30 alumnos/as en quenda de tarde-noite).

Ciclo formativo de grao superior de Anatomía Patolóxica e Citoloxía (2 unidades de 30 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao superior de Documentación Sanitaria (1 unidade para 30 alumnos/as).

Ciclo formativo de grao superior de Imaxe para o Diagnóstico (2 unidades de 30 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao superior de Interpretación da Lingua de Signos (2 unidades de 30 alumnos/as cada unha).

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria