DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2010 Páx. 15.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xullo de 2010 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña, correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 152, do 10 de agosto de 2010, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14.516, anexo II, punto 3, no cadro, na especialidade: actividades marítimo-pesqueiras/produción acuícola, onde di: «Corón: 4 bolsas»; debe dicir: «Corón: 3 bolsas».

E, na mesma columna, na especialidade: sanidade/anatomía patolóxica e citoloxía, onde di: «Corón: 1 bolsa»; debe dicir: «Corón: 2 bolsas».