DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2010 Páx. 15.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de xullo de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 155, do 13 de agosto de 2010, procede facer a seguinte corrección:

-Na páxina 14.709, no punto terceiro do Resolvo, onde di:

«Terceiro.-Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Ver referencia pdf "16600D003P084.PDF"

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo da declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto».

Debe dicir:

Os créditos dispoñibles para concesións dos expedientes dos procedementos IG100: Proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 euros e IG101: Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, presentados ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG nº 55, do 18 de marzo), aos que se fai referencia no punto quinto do Resolvo, aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual: