DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2010 Páx. 15.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2010 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de agosto de 2010, polo que se aproba a relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á nova estrutura organizativa destes, así como a reorganización dalgúns comedores escolares tendo en conta o número de comensais que fan uso deste servizo de comedor nos centros públicos, segundo a normativa aplicable recollida na Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 5 de agosto de 2010, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo.-Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do cinco de agosto de dous mil dez, relativo a aprobación da relación de postos de traballo do persoal laboral dos servizos periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

-CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

6003 SEGUNDO CONVENIO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

149 COÑECEMENTOS LINGUAXE MÍMICA XORDOS.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE.

B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE.

B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE.

B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN.

B16 COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDADE.

B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.