DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2010 Páx. 15.148

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de agosto de 2010 pola que se modifica a Orde do 7 de febreiro de 2008, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 7 de febreiro de 2008 (DOG nº 39, do 25 de febreiro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Segundo a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, no artigo 10.1º letra b), os membros do Consello Social cesarán, entre outras causas, por renuncia. O parágrafo 2 do citado artigo 10 sinala que as vacantes deberá cubrilas a autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de tres meses. De non comunicárselle o acordo de designación dentro do devandito prazo ao conselleiro competente en materia universitaria, o posto permanecerá vacante deica a finalización do correspondente mandato. En todo caso, o membro substituído entenderase nomeado polo período que reste do anterior mandato.

O artigo 7 da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, establece a composición dos consellos sociais.

Con data do 21 de xullo de 2010, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica o nomeamento, por acordo do reitor do 18 de xuño de 2010, de María Inmaculada Valeije Álvarez como secretaria xeral da dita universidade en substitución de Esther María González Pillado.

Coa mesma data do 21 de xullo, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica a designación de José Barreiro Somoza como representante da UGT Galicia en substitución, por renuncia, de Antonio Juste Iglesias e achega tamén a correspondente declaración de incompatibilidades establecida no artigo 12 e) da Lei da Lei 1/2003, do 9 de maio.

O artigo 7.4º desta lei establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear a María Inmaculada Valeije Álvarez secretaria xeral da Universidade de Vigo, como membro nato do Consello Social desta universidade en substitución de Esther María González Pillado.

Artigo 2º

Nomear a José Barreiro Somoza como representante da Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia), no Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Antonio Juste Iglesias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria