DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2010 Páx. 15.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se dispón a publicación do acordo de encomenda de xestión entre a Dirección de Recursos Económicos e a Xerencia de Atención Primaria de Ourense, para a encomenda de actuacións para a contratación da subministración sucesiva de test de estreptococos para centros de Atención Primaria da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes do Servizo Galego de Saúde.

A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde e a Xerencia de Atención Primaria de Ourense subscribiron, con data do 31 de maio de 2010, un acordo polo que se lle encomenda á dita xerencia a xestión material do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da subministración sucesiva de test de estreptococos para centros de Atención Primaria da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Para xeral coñecemento, e en cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos

Anexo

Acordo entre a Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde e a Xerencia de Atención Primaria de Ourense para a encomenda de xestión a esta última da xestión material do expediente de contratación da subministración de test de estreptococos para centros de Atención Primaria

Dunha parte, Pablo Torres Arrojo, director de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Doutra parte, Carlos Pereira Fernández, xerente de Atención Primaria de Ourense.

Expoñen:

O sistema de compras integradas do Servizo Galego de Saúde establece, entre os seus obxectivos, a procura da eficiencia na xestión das contratacións do organismo, a participación dos profesionais e a cooperación dos centros.

Entre as medidas que se van acometer está que un centro asuma a tramitación material dun expediente de contratación que afecte unha pluralidade dos centros do organismo autónomo. Con iso trátase de non duplicar os esforzos da contratación e aproveitar os recursos existentes neste ámbito.

Por todo o exposto, ambas as partes deciden subscribir este instrumento de formalización de encomenda de xestión que se rexerá polas seguintes cláusulas:

Primeira.-Obxecto da encomenda de xestión.

A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde e a Xerencia de Atención Primaria de Ourense acordan, no marco do disposto no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que a citada xerencia leve a cabo, por razóns de eficacia, a xestión material do expediente para a contratación, polo Servizo Galego de Saúde, da subministración sucesiva de test de estreptococos para centros de Atención Primaria da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes do Servizo Galego de Saúde, mediante procedemento aberto.

Segunda.-Natureza e alcance da xestión encomendada.

A xestión material que se encomenda, con respecto ao citado no punto anterior, concretarase nas seguintes actividades, co alcance que en cada caso se sinale:

a) Tramitación do expediente de contratación (artigo 93.1º) da Lei 30/2007, de contratos do sector público.

b) Recepción das ofertas dos licitadores.

c) Preparación e realización das mesas de contratación.

Terceira.-Financiamento.

Esta encomenda de xestión non dará lugar a contraprestacións financeiras entre as partes, as cales asumirán os custos das actuacións que deben realizar segundo o establecido na dita encomenda.

Cuarta.-Prazo de vixencia.

O prazo de vixencia deste acordo establécese desde o seu asinamento ata o peche definitivo do expediente.

Quinta.-A encomenda de xestión non supón cesión da titularidade das competencias nin dos elementos substantivos do seu exercicio, atribuídas á Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Sexta.-É responsabilidade da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde ditar os actos ou resolucións de carácter xurídico que dean soporte ou nos cales se integre a concreta actividade material obxecto desta encomenda de xestión.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2010. Pablo Torres Arrojo, director de Recursos Económicos; Carlos Pereira Fernández, xerente de Atención Primaria de Ourense.