O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumplimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2010.
J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración
Ver referencia pdf "16400D001P004.PDF"