DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2010 Páx. 15.104

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 29 de xullo de 2010 pola que se designa o órgano estatístico sectorial da Presidencia da Xunta de Galicia.

O Decreto 24/2008, do 21 de febreiro, regula os órganos estatísticos sectoriais da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e o procedemento para a súa designación. No punto primeiro do seu artigo 2 establece que este órgano está integrado por unha ou varias unidades administrativas que se designarán por resolución da persoa titular do departamento no que se integra organicamente.

De conformidade co establecido nos artigos 1, 2, 3 e 7 do Decreto 24/2008, do 21 de febreiro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Designar o órgano estatístico sectorial da Presidencia da Xunta de Galicia, que estará integrado pola unidade administrativa que se especifica a seguir:

Posto de traballo: vicesecretaría xeral, dependente da Secretaría Xeral da Presidencia.

Coordinador ou coordinadora: o funcionario ou funcionaria titular do posto de traballo que se designa.

Localización física: dependencias da Secretaría Xeral da Presidencia, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Segundo.-Para efectos do rexistro ao que se refire o artigo 3 do Decreto 24/2008, do 21 de febreiro, a Secretaría Xeral da Presidencia comunicaralle ao Instituto Galego de Estatística os datos relativos á identidade da persoa que, en cada momento, ocupe o posto de traballo que se identifica no punto primeiro, que se nomeará seguindo os procedementos de provisión establecidos na normativa vixente en materia de función pública.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2010.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza