DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 23 de agosto de 2010 Páx. 14.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2010 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 8 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2010.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 7º da Orde do 8 de marzo 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2010, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2010.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as actividades de fomento da prevención de riscos laborais recollidas no punto 2 do artigo 3º da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

-De formación, destinadas aos traballadores/as galegos/as.

-Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral.

-Realización de ferramentas prácticas para implantación de actuacións en seguridade e saúde laboral.

-De investigación e de prospección dirixidas á mellora da prevención de riscos laborais, así como estudos de condicións de traballo en sectores concretos de actividade económica.

-De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

a) De difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

b) De sensibilización empresarial para investimento específico en prevención de riscos laborais.

c) De intercambio de experiencias e boas prácticas en seguridade e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 8 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 56, do 24 de marzo de 2010).

Crédito orzamentario: 1.562.000 € (un millón cincocentos sesenta e dous mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 12.03.324B.481.1 (1.562.000 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Beneficiarios da subvención e importe desta: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2010.

P.D. (Disposición adicional segunda

da Orde 8-3-2010)

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

Ver referencia pdf "16100D005P024.PDF"