DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 23 de agosto de 2010 Páx. 14.969

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 2010 pola que se autoriza a posta en funcionamento dun colexio de educación infantil e primaria no concello de Arteixo (A Coruña).

O Decreto 116/2010, do 8 de xullo, publicado no DOG número 135, do 16 de xullo, crea o colexio de educación infantil e primaria de Arteixo, por desagregación do CEIP Ponte dos Brozos da mesma localidade.

En consecuencia, de conformidade co artigo 1 do Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorizar a posta en funcionamento do centro educativo do que a seguir se sinalan os seus datos:

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: Arteixo.

Enderezo: avenida Arsenio Iglesias s/n.

Centro: colexio de educación infantil e primaria de Arteixo.

Código de centro: 15032716.

Unidades: 9 de educación infantil e 18 de educación primaria.

Segundo.-Autorizar a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar as medidas necesarias para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria