DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2010 Páx. 14.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 13 de agosto de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común convocadas pola Orde do 7 de abril de 2010.

Pola Orde do 7 de abril de 2010 establecéronse as bases reguladoras das subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común (Diario Oficial de Galicia nº 67, do 12 de abril de 2010).

No artigo 15 da devandita orde, relativo ao financiamento, detállase nos puntos 1 e 2 a aplicación orzamentaria e o orzamento previsto para as dúas liñas de subvencións, mentres que no punto 3 se recolle a posibilidade de ampliar o crédito dispoñible.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes de subvencións que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde citada anteriormente.

Desta orde de axudas fíxose unha primeira ampliación orzamentaria por Orde do 16 de xullo de 2010 (DOG do 21 de xullo), por un importe de 660.000 €.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑ O:

Artigo único.-

Primeiro.-Segundo o disposto no artigo 15.3º da Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en comunidades de montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2010; a Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá ampliar o crédito dispoñible para o financiamento desta orde, cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Segundo.-Amplíase a dotación orzamentaria da aplicación orzamentaria 13.05.551B.770.0 que se recolle na Orde desta consellería, do 7 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 67, do 12 de abril), pola que se convocan subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, nun total de 349.381,41 euros para a liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 7 de abril de 2010.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural