DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2010 Páx. 14.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2010, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do título de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, convocadas mediante Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio), pola que se anuncia a exposición pública da relación definitiva de admitidos e excluídos e se determinan a data, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do título de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, convocadas mediante Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 14 de maio), acordouse, de conformidade co disposto na base sexta, punto 5 da mencionada resolución:

Primeiro.-Facer pública a relación definitiva de admitidos e excluídos para a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril e, así mesmo, proceder á exposición pública da referida lista definitiva na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos organismos mencionados no punto 2 da citada base sexta.

Segundo.-As correspondentes probas terán lugar o día 16 de outubro de 2010 no Pazo de Congresos; avenida San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse nos horarios que a seguir se indican:

Ver referencia pdf "15900D002P005.PDF"

Terceiro.-Os aspirantes deberanse presentar 30 minutos antes do comezo de cada exercicio, para os efectos de facer a súa entrada no recinto en que se realizarán as probas; a seguir, procederase ao peche das portas e ao comezo dos exercicios nos horarios establecidos. Os participantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único. A este respecto, será excluído da súa realización quen non compareza no momento de se efectuar o chamamento.

Cuarto.-Os interesados excluídos por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto.-Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade. Non se lles permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios a aqueles candidatos que se presenten carecendo da referida documentación.

Sexto.-Os interesados excluídos por carecer da documentación precisa para acceder ao recinto onde se celebren as probas non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sétimo.-Así mesmo, os participantes deberán ir provistos de bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, de ADR ou RID e máquina calculadora sen memoria RAM para efectuar as operacións matemáticas que cumpran.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2010.

Xosé Lluís Fernández Suárez

Presidente do tribunal cualificador