DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2010 Páx. 14.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xullo de 2010 pola que se convoca un curso de formación para a cualificación específica do persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do 5 de agosto de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na base sexta, alínea g), na páxina 14.152, onde di: «g) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG», debe dicir: «g) O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de setembro de 2010».