DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2010 Páx. 14.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de xuño de 2010 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, dependentes da Consellería do Mar, para o curso académico 2010-2011.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 138, do 21 de xullo de 2010, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 13.289, ANEXO, onde di: «Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro», debe dicir: «Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro».