DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2010 Páx. 14.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 6 de agosto de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia convocadas pola Orde do 26 de maio de 2010.

Pola Orde do 26 de maio de 2010 establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2010 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia (DOG nº 102, do 1 de xuño).

No artigo 27 (Financiamento), relativo ao financiamento destas axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar o crédito dispoñible. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, e de acordo co establecido no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase para o ano 2010 a dotación orzamentaria que se recolle na orde desta consellería, do 26 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 102, do 1 de xuño), pola que se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, nos seguintes importes e aplicacións de los orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2010.

Disposición adicional

Única.-O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 26 de maio de 2010.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "15700D006P012.PDF"